sábado, 9 de febrero de 2008

IDEAS DE PAZ


Para celebrar o día da paz picamos ou recortamos unha pomba cada un e logo fomos con todo o colexio a pegala nun mural xigante, pero ademáis pensamos un pouco sobre o que significaba paz para cada un de nós; estas foron as ideas que cada quen aportou:

¿Que é para ti a paz?

Ana: estar con Olalla pintando os números.

Olalla: non se poden tirar as cousas novas, non se poden coidar mal os animais, non se poden cerrar as portas a portazos e non se pode berrar.

Aylín: ir á casa de xente, non pelexar e ir de paseo cos meus amigos todos os días qeu teña libre, ir de compras e comprar comida, roupa e botóns.

Dani: non pelexar, ser amigos e xogar xuntos.

Damián: non romper as cousas, non pelexar e xogar xuntos.

Ángeles: Non pelexar.

Alba: Non se poden tirar as cousas novas, non podemos pintar as cousas que non se pode, non podemos tirar as pinturas.

Adriana: non se poden tirar as cousas e non se pode berrar.

Lidia: ir en tren, ser amigos, pintar, xogar xuntos, ir á nosa casa...

Wuayra: non se pode pelexar, non se pode tocar as cousas novas.

Paula E. : non pelexar, non pegar.

Sergio: Xogar xuntos, non pelexar e non pegar.

Marta: falar baixo, non pegar, ir á casa das persoas que queren xogar, ser bos, portarse ben na clase, facerlle caso á profe, traballar e hai que facer todas as fichas e portarse ben na casa.


Dende o blog un bico e unha aperta moi forte para Paula Estévez que se está a recuperar dunha operación, esperámoste cos brazos abertos no cole en canto te recuperes!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Es una buena idea lo de poner las respuestas de los niños en el blog. :)

Anónimo dijo...

olaaa!!

Son unha alumna do cole, pero xa son grandiña que vou en 4º da ESO.

Gustoume moito o voso blog, as respostas dos neniños/as son moi divertidas e sobre todo, sinceras. ;-)

Un bico!

ALBA

Mada dijo...

molusquiño gigante?? encantada de coñecerte!

Mada dijo...

Hola Atenea! moitisimas gracias por seguirnos, nós tamén visitamos o voso blog de cultura clásica, lembro que eu tamén estudiei algo sobre a mitoloxía cando ía en primeiro de BUP, era moi entretido.

Un bico!

Anónimo dijo...

¡¡ Canta razon tedes, nenos !!.

En realidade atopar a Paz é moito máis sinxela do que parece... as veces para min a Paz é ir en coche conducindo por eses mundos que vos vou contar, con Peliños ó meu lado e sen prisa por chegar....pero con moitas ganas de contarvolo, claro.

Por aquí, na India, hai moita paz, son un pobo moi tranquilo ata que se pelean...jejejeje.

Moitos bicos a todos, e moita PAZ.