lunes, 28 de enero de 2008

ENTROIDO ENTROIDIÑO!!!

Aquí deixamos as pistas sobre o disfraz que levaremos o venres no festival do colexio:

O mércores 30 de xaneiro os nenos e nenas deberán traer (preferentemente) uns pantys de cor azul, senón tamén serve un pantalón azul; tamén unha camiseta ou xersei da mesma cor con dous botóns xigantes nos ombreiros (un a cada lado). Podédelos mercar ou tamén facer con retais, cartolina, etc...

O xoves 31 de xaneiro deberán traer a roupa do día anterior e ademáis un gorro con dúas orellas, ben "grandotas" de cor azul, tamén se poden facer con fieltro, cartolina, retais...


O venres 1 de febreiro deberán traer todo o do día anterior e ademáis unha trompa cunha goma para poder poñerlla arredor da cabeza (de xeito que a trompa saia da boca) ou do pescozo ( a trompa podédela facer con retais, fieltro, mangas de roupa vella, calcetíns... o recheo pode ser con bolas de papel de periódico).


Xa sabedes de que imos?? seguro que si!! animádevos a virnos ver e a disfrazarvos vós tamén, será moi divertido ver a nosa actuación!

Un saúdo agarimoso das mestras e grazas pola vosa colaboración.

NOTA: As clases reanudaranse o vindeiro xoves 7 de marzo.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

¡¡¡Xa sei de que vades¡¡¡

Anónimo dijo...

grazas por lembrarte de nós,muller de peliños!!!! non te esquezas de tomar moitas notas na India,xa sabes que esperámola túa visita.
Un bico dos nenos/as de Infantil

Anónimo dijo...

Un bico ás familias dos nenos/as de Infantil,que con motivo do xogo de antroido leváronse un apuro...o importante é participar,o de menos é o bonito que quede ó final o disfraz,se xa son eles bonitos dabondo!!!! por certo,o venres esperámosvos vestidiñas/os igual cos cativos :-)

Anónimo dijo...

Hola!!
Son unha rapaza de 4º da ESO, que apartir do noso blog de cultura clásica cheguei a estos lares.
Que ben o fixerons os nen@s no festival, iban lindísimos cos destalles moi coidados e nin decir ten, o ben que se portaron.Pasareime cando poida polo voso blog, pa seguir os vosos pasiños.

un biko

Mada dijo...

Hola Artemisa!
Agradecemos o teu comentario moito porque costounos moito este ano sacar a diante o entroido en Infantil, sobre todo a nivel organizativo... tanto as familias como as mestras levamos moitos apuros esa semana.
Unha aperta!
Mada.

Saleta dijo...

Ola Mada dos meus amores! A este paso non nos vemos! Menos mal que xa comeza o cursiño en Vilagarcía. Ah! Colleron á miña compa de 5 anos. Que tal vas do teu mal estar? Non sabes que mala estiven o mércores pola tarde e noite e o xoves...pero o venres saquei forzas non sei de onde, porque non podía deixar aos peques sen disfraz...Que pases un Bo Antroido guapa!