viernes, 19 de diciembre de 2008

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!!



pedistesme facer unha árbore de Nadal para a aula, e así quedou, pintamos botellas de auga recortadas e decorámolas con neve e con gomets. UNHA APERTA MOI GRANDE PARA ESTES TOLIÑOS QUE TEÑO POR ALUMNOS E ALUMNAS! PASADE UNHAS BOAS VACACIÓNS! DEICA A VOLTA!!!
Así nos quedou o Belén este ano, é o froito do traballo de todo o centro xunto, cadaquén aportou o seu gran de area. En ocasións nos centros grandes e con tantos niveis, é complicado poñerse dacordo para facer algo en común motivador e útil para todos, pero este é un exemplo de que É posible traballar en conxunto.

Todo o Belén está feito con materiais de refugallo, o noso centro participa no Proxecto Voz Natura e de aí xurdeu a idea, é unha bonita maneira de non fomentar o consumismo senón a reutilización de materiais, aprendendo dende pequeniños a coidar un pouquiño do planeta.

En infantil fixemos os reis magos, os paxes e os camelos, tamén acudimos ás inmediacións do colexio para recoller folliñas e ramas secas para a decoración, agradecer a colaboración do alumnado da ESO que nos acompañou na nosa saída e nos guiou á hora de colocar pedriñas, area, etc...
Dende aquí douvos as grazas a todos os que participastes nesta actividade, a mestres, familias e por suposto a nenos e nenas, espero que para o vindeiro ano vos animedes a repetir e mo contedes todiño.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

bonecos papá noel

Estas botiñas de papanoeis fixémolas para que teñamos moitos regaliños na aula ao voltar de vacacións... a ver que nos atopamos á volta... jeje

viernes, 12 de diciembre de 2008

O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe os alumnos de educación para a cidadanía faláronnos a todo educación infantil sobre os dereitos que temos, contáronnos como temos dereito a ir á ESCOLA, a acudir ao MÉDICO, como temos dereito a SER RESPETADOS polo que somos.... estivemos moi atentos e agradecemos, cun aplauso que nos viñeran a falar dos nosos dereitos. moitas grazas mozos!

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Estas son as postais de Nadal que fixemos os nenos e nenas da clase de 3-4 anos,en colaboración cos nosos pais/nais/irmáns/avós... para o concurso de postais proposto polo Equipo de Normalización Ling:uística.A que quedaron bonitas?

viernes, 5 de diciembre de 2008

Pegamos un salto e chegamos máis alto!

Aquí están as nosas medidas sacadas en papel, cando pase un tempo habemos de medirnos de novo para ver canto medramos. Tamén sae na foto, o noso calendario de Adviento, del o encargado saca cada día de decembro o seu chocolatiño na doce espera do Nadal. Pasade uns bos días na casa, que desta volta son catro. Un bico para todos e todas, a ver que sorpresas nos esperan á volta.

jueves, 4 de diciembre de 2008

Preparando o Belén do cole...


Xa hai uns días que nos puxemos mans á obra co Belén, en infantil facemos os camelos, os reis e os paxes, aquí estamos traballando a tope con un camelo, empregamos dous rolos de papel hixiénico e papel de seda, xa vos ensinaremos o resultado final...

lunes, 1 de diciembre de 2008

Despedimos ao outono

Co noso mural do outono rematado e con esas setas tan bonitas que non sei porqué Mada estivo empeñada en chamarlles champiñóns, despedimos ao outono por este ano, e despedimolo rápido porque temos que poñernos xa a tope co Nadal!! ai! cantas cousas por facer!!! Aprender a panxoliña, que a profe aínda non a sabe nada de nada, acabar de traballar co corpo humano que tantos quebradeiros lle da a Marcos cando está con febre... facer o libro das fichas... o belén... a decoración... as notas!! e todo en dúas semanas e catro días....!! esta profe xa se está estresando :)!!

sábado, 29 de noviembre de 2008

A cabaza seca de Paula

A historia desta cabaza comenzou o outono pasado cando fixeramos unha exposición de froitos do outono. Paula trouxéraa xa seca e a todos nos chamou a atención a súa forma tan curiosa. Gardamola todo o ano e este outono decidímoslle dar forma de serpe encantada, pintámola con témpera, puxémoslle cara e língua, e agora temos unha serpe encantada na aula. ;)

miércoles, 26 de noviembre de 2008

Marcos cumple 5 anos.

Esta foto, foi de hai uns días, foi o cumple de Marcos e puxemonos a xogar cos pratos antes de comer a tarta, o post de hoxe vai adicado a todos os nenos e nenas que estes días andan medios afónicos, con tos e con mocos! Unha aperta, esperámosvos na clase en canto vos recuperedes!

jueves, 20 de noviembre de 2008

visita aos esqueletos do cole


Estes días andamos a explorar o noso corpo e a descubrir que é o que ten dentro, o corazón deunos moito que falar, así como os pulmóns e a sangue, nesta foto estamos observando todos os ósos que levamos dentro e que nos permiten estar de pé.

martes, 11 de noviembre de 2008

POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO!!

Hoxe trouxemos os nosos trompos da casa, algúns era a primeira vez que os faciamos bailar ou a primeira vez que tiñamos un trompo, algúns viñeron pintados e outros sen pintar, pero pasamolo estupendamente aprendendo este xogo tan popular no recreo, ademais, puidemos estar no patio dos maiores.
As profes contáronnos na biblioteca o conto do trompo xoguetón e vimos fotos de peóns de varios países. O día completouse coa celebración do magosto pola tarde, e o xa tradicional xogo das cadeiras, felicidades a Ángeles que foi a gañadora.

viernes, 7 de noviembre de 2008

ADIVIÑA


CAEN,
CAEN SEN PARAR,
E NON DEIXAN DE BAILAR.
¿QUE É?
Hoxe a profe Maite ensinounos esta adiviña e logo dounos unhas lentelliñas...non,para comer non!!,para que lle puxeramos a esta folla de outono,que por se non vos destes de conta,era a resposta a adiviña.

martes, 4 de noviembre de 2008

Preparando o Magosto




Este ano estamos dentro do proxecto VOZ NATURA, é un programa medioambiental que fomenta o coidado da natureza entre os escolares; así pois decidimos reciclar os cartóns de leite para convertilos en estupendas bolsas para as castañas do Magosto, agora quédanos agardar a que o tempo acompañe...
para poder celebralo.

jueves, 30 de octubre de 2008

Castañas do meu Magosto


Dámoslle a benvida ao Samaín con todas estas cabazas e coas tres castañas xigantes que fixemos en cada unha das aulas. Tamén un cumprido para os rapaces de plástica da ESO e á súa profe Sara que fixeron as letras e esas follas tan bonitas.

lunes, 13 de octubre de 2008

ESTAMOS DE OBRAS!!

XA ESTAMOS A METADE DE OUTUBRO E AS TRES MESTRAS DE INFANTIL AÍNDA NON PUXERON UNHA SOA ENTRADA NESTE BLOG... ANDAMOS DE OBRAS... ANDAMOS PENDENTES DE DESDOBRARNOS E CONSTITUIR TRES AULAS... CANDO REMATEN AS OBRAS... AI... CANTA OBRA... TODO SEXA POR MELLORAR O QUE HABÍA...

QUE SIRVA ESTA ENTRADA TAMÉN PARA DARLLE A BENVIDA A REBECA, A PROFE DOS NENOS DE 3 ANOS QUE SE INCORPOROU ESTE ANO AO CENTRO, TAMÉN UN BICO PARA SILVIA, A MESTRA DE AL DO CURSO PASADO, QUE MOITO PELEXOU COAS MESTRAS DE INFANTIL PARA FACER LOTOS, OCAS E VIAXES POLO MUNDO ADIANTE...

MAITE, QUE CHE VOU DICIR... QUE UN ANIÑO MAIS DE SORISOS E BÁGOAS XUNTAS, UNHA APERTA!

AXIÑA ESTAREMOS DE NOVO CON VÓS.

lunes, 16 de junio de 2008


Hoxe fomos de excursión a Apípolis (Xeve,Pontevedra) e pasámolo moi ben.
Nicolás contounos un conto e ensinounos como era a abella raíña. Un saúdo
Logo vestíronnos de apicultores e fomos ver como as abellas traballaban e facían mel .Un bico,Juanjo.
Paula preparou unha masa que levaba ovos,fariña,mel e uns polvos máxicos para facer medrar,que lle regalou un duende.Fixemos galletas,foron ao forno e agora imos probalas.Grazas,Paula.
Con Elena desoperculamos un panal,sacámoslle o mel,probámolo e como nos gustou enchemos uns botes pequenos para levar.Tamén con Elena fixemos unha vela,coma as dos cumpreanos pero máis grande.Unha aperta para Elena.
As profes queremos felicitar e agradecer o traballo realizado tanto polos monitores nomeados coma polos outros.Foi un pracer coñecer a vosa granxa.

martes, 10 de junio de 2008

ACHEGASE O FIN DE CURSO


Pouquiño nos queda para rematar o curso, andamos a preparar materiais, a saída de fin de curso, a acollida para os novos nenos e nenas que comezarán para o ano.
Lembrade que o luns 16 imos a Apípolis en Xeve, deixamosvos a páxina web para que a visitedes:



www.apipolis.com

lunes, 19 de mayo de 2008

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2008


O equipo de Normalización Lingüística preparou un concurso de marcapaxinas no que participou todo o centro. Aquí están as nosas obras de arte de Educación Infantil. Felicidades a Paula Loureiro, o seu marcapaxinas foi un dos elexidos, como premio obtivo un libro de contos ;)
Na clase tamén fixemos unha pequena unidade didáctica sobre X.M. Álvarez Blázquez e aprendemos unha das poesías recollidas na súa obra: ROSEIRA DO TEU MENCER.

viernes, 16 de mayo de 2008

MAMÁ CABRA


Nesta semana das Letras Galegas recibimos a visita de Mamá Cabra;acudimos á azucreira xunto aos nenos e nenas de Primaria a desfrutar das cantigas en galego deste grupo.
Convidáronos a cantar e bailar con eles,e pasámolo moi ben.Así que,dende aquí,queremos darlle as grazas por facernos pasar un rato agradable,divertido e diferente.Un bico dos pequenos/as de Educación Infantil.

XA TEMOS BOLBORETAS


Ao fin comezaron a sair dos casulos as bolboretas,son de cor branca,teñen uns ollos moi negros,e poñen unha cantidade de ovos!!!!!!!!! Son todos eses puntiños amarelos que se ven.Se os gardamos todos o vindeiro curso teremos centos de vermes de seda...

jueves, 15 de mayo de 2008

NA HORTA COS MEUS AMIGOS


Aproveitando que nos prestaron uns disfraces de hortalizas ,que estivemos a traballar sobre os alimentos,e que na nosa parcela do invernadoiro sementamos unhas leitugas e flores de cores, decidimos facer este mural.

martes, 13 de mayo de 2008

DÍA DE EUROPA

Para conmemorar o día de Europa cada clase elixíu unha lenda típica dun país e construimos un mural, en EI escollemos a lenda de PATCHOU E A VACA típica de BÉLXICA, decidimos facer un comic con catro viñetas, así aprendemos un tipo diferente de texto, un xeito distinto de ler, sen narrador.

miércoles, 30 de abril de 2008

FELICIDADES ÁS MAMÁS NO SEU DÍA!

Para esta ocasión tan especial os nenos e nenas de educación infantil fixemos unhas pulseiras de plástico recheas de papel de seda, espero que vos gusten e que as disfrutedes!

lunes, 28 de abril de 2008

CUMPLE MADA



Aprobeitando que estivemos traballando moito os alimentos, Mada decidíu facer unha tarta no cole para celebrar o aniversario así que puxémonos toda a clase mans á obra, e este foi o resultado, unha tarta-reloxo!

miércoles, 23 de abril de 2008

ESCRIBIMOS O NOSO PRIMEIRO LIBRO!!!!!

Como xa sabedes todos,hoxe foi o día do libro.Aprendemos nestes días que os contos teñen un autor;un ilustrador;pertencen a unha EDT (a nosa chámase Pirulos) e tamén poden estar dentro dunha colección (a nosa chámase "o meu 1º conto" ).Supoñemos que xa vos decatastes de que nos convertemos en escritores por un día e escribimos o noso primeiro libro.Fomos á vez escritores e ilustradores...agora só nos falta ser contadores de contos...¡¡mañá na biblioteca!!

lunes, 21 de abril de 2008

XA TEMOS CASULOS!!!!




Tantas follas de morera lle demos ás nosas eiruguiñas que medraron moito e xa comezaron a facer os casulos para,dentro de pouco,converterse en fermosas bolboretas.Témolos de cor branca e tamén amarela;pero a profe contounos que ás veces podían ser laranxas...aínda nos quedan tres,ao mellor temos sorte e... (xa o veredes,seredes os seguintes despois de nós)
: -)

miércoles, 9 de abril de 2008

EIRUGAS DE SEDA


Aproveitando que estamos a ensaiar a obra "Unha eiruga moi larpeira" e que ó profe Emilio lle regalaron un montón destes bichiños,decidimos ter na aula uns poucos,e así,non só aprender a coidadalos,senón tamén a desfrutar co seu proceso de crecemento e transformación en bolboreta.

martes, 1 de abril de 2008

ADEUS INVERNO!


Con este cadro de Miró: O DIÁLOGO DOS INSECTOS, adornamos a nosa aula durante estes meses, antes de despedirnos del, sentámonos a observalo ben a ver que era o que nos suxería, o que nos recordaba e isto foi o que saíu...
Pensaron en árbores con pelos, en arañas, en libélulas, lúas, neve, ventiladores, bonecos de neve...
En canto ao que estaban facendo decidiron que había unha araña que estaba voando, unha lúa que comía marisco, un boneco de neve que come arroz e unha abella que pica.
Esta actividade tiña a finalidade principal de desenvolver a creatividade e a imaxinación infantil.

viernes, 14 de marzo de 2008

Os pitiños/as felicitan a papá


Con este traballo para o día do pai despedimos xa o segundo trimestre do curso, esperamos que o terceiro sexa un trimestre onde se deixen ver todos os logros que foron sendo adquiridos durante o curso, o traballo empeza a dar grandes froitos, compartirémolo con vós.

lunes, 10 de marzo de 2008

OPINANDO DOS POLÍTICOS

¿Para que sirven os políticos?

Para poñer ou cambiar os columpios rotos
Para facer casas, coles...
Para votar.


¿Qué e votar?

_É para que gane Rajoy ou Zapatero, gañan diñeiro para facer casas, carreteras...

_Votan e gañan un premio, unha copa.

_Se gana Zapatero manda el, se gaña Rajoy mandaría el, manda en España. A parte de Rajoy e Zapatero hai outros politicos como o Alcalde.

¿Cal vos gusta máis Zapatero ou Rajoy?

_ Gústame máis Rajoy porque ten un nome moi bonito e porque non gañou, non me gusta zapatero porque é moi feo pero queroo moito igual.

_ Gustame Zapatero porque gañou.

_ Gústame Zapatero porque ten uns zapatos moi bonitos.

_ Rajoy porque o vin xogando ó fútbol en Caldas.

_ Mellor Rajoy porque é máis intelixente, porque Zapatero é un pouco mandón, non é intelixente.

_ A min non me importa que sexa mandón porque gañou.

_Fun votar e votei por Zapatero e Rajoy.

jueves, 14 de febrero de 2008

SAN VALENTÍN TAMÉN É COUSA DE PEQUENOS...






Aínda que tódolos días procuramos amosarlle o noso amor ás persoas que nos rodean,hoxe quixemos agasaialos cunha rosa feita con plastelina.Aquí vos deixamos o resultado e tamén o que pensamos diso do amor.
Marta: O amor é bicarse e durmir soñando co mozo; eu quero a Jose, o do camping, quero tamén a Olalla, a Paula, Sergio e Aylín.

Sergio: quero a Susanita, ten seis anos, ten unha tenda e dous mozos, Brais e máis eu; voulle
mandar unha carta.... Quero tamén a mamá e a papá aínda que me fai rabiar...

Alexia:"un día mi mami le dijo a mi papi que estaba enamorado.Yo quiero mucho a mi mami,a mi papi y a los abuelos"

Jose: "hoy no estoy enamorado,pero mi hemana si,de Fátima"

Martín:"es estar casados.Mi mami se casó con mi papi y ahora está enamorada.Es eso"

Isabel:"querer mucho al abuelo,a la abuela,a mamá,a papá y a mi hermana".

Lorena:"es una cosa,pero no sé lo que es.Pero yo quiero a mi hermano,a Soraya,a mami y a papi".

Miriam:"no sé,pero yo le voy a dar la flor a mi mami.Se la voy dejar ver a Jósé Alfonso y a mi padre que ya vino".



sábado, 9 de febrero de 2008

IDEAS DE PAZ


Para celebrar o día da paz picamos ou recortamos unha pomba cada un e logo fomos con todo o colexio a pegala nun mural xigante, pero ademáis pensamos un pouco sobre o que significaba paz para cada un de nós; estas foron as ideas que cada quen aportou:

¿Que é para ti a paz?

Ana: estar con Olalla pintando os números.

Olalla: non se poden tirar as cousas novas, non se poden coidar mal os animais, non se poden cerrar as portas a portazos e non se pode berrar.

Aylín: ir á casa de xente, non pelexar e ir de paseo cos meus amigos todos os días qeu teña libre, ir de compras e comprar comida, roupa e botóns.

Dani: non pelexar, ser amigos e xogar xuntos.

Damián: non romper as cousas, non pelexar e xogar xuntos.

Ángeles: Non pelexar.

Alba: Non se poden tirar as cousas novas, non podemos pintar as cousas que non se pode, non podemos tirar as pinturas.

Adriana: non se poden tirar as cousas e non se pode berrar.

Lidia: ir en tren, ser amigos, pintar, xogar xuntos, ir á nosa casa...

Wuayra: non se pode pelexar, non se pode tocar as cousas novas.

Paula E. : non pelexar, non pegar.

Sergio: Xogar xuntos, non pelexar e non pegar.

Marta: falar baixo, non pegar, ir á casa das persoas que queren xogar, ser bos, portarse ben na clase, facerlle caso á profe, traballar e hai que facer todas as fichas e portarse ben na casa.


Dende o blog un bico e unha aperta moi forte para Paula Estévez que se está a recuperar dunha operación, esperámoste cos brazos abertos no cole en canto te recuperes!

lunes, 28 de enero de 2008

ENTROIDO ENTROIDIÑO!!!

Aquí deixamos as pistas sobre o disfraz que levaremos o venres no festival do colexio:

O mércores 30 de xaneiro os nenos e nenas deberán traer (preferentemente) uns pantys de cor azul, senón tamén serve un pantalón azul; tamén unha camiseta ou xersei da mesma cor con dous botóns xigantes nos ombreiros (un a cada lado). Podédelos mercar ou tamén facer con retais, cartolina, etc...

O xoves 31 de xaneiro deberán traer a roupa do día anterior e ademáis un gorro con dúas orellas, ben "grandotas" de cor azul, tamén se poden facer con fieltro, cartolina, retais...


O venres 1 de febreiro deberán traer todo o do día anterior e ademáis unha trompa cunha goma para poder poñerlla arredor da cabeza (de xeito que a trompa saia da boca) ou do pescozo ( a trompa podédela facer con retais, fieltro, mangas de roupa vella, calcetíns... o recheo pode ser con bolas de papel de periódico).


Xa sabedes de que imos?? seguro que si!! animádevos a virnos ver e a disfrazarvos vós tamén, será moi divertido ver a nosa actuación!

Un saúdo agarimoso das mestras e grazas pola vosa colaboración.

NOTA: As clases reanudaranse o vindeiro xoves 7 de marzo.

jueves, 24 de enero de 2008

OS PEIXES DE INFANTIL


Estes son os nosos tres peixiños!! levan con nós dúas semanas e esperemos que nos acompañen moito máis tempo; para iso os coidamos diariamente entre todos e todas. Tiñamos unha peixeira pequena pero prestáronnos unha máis grande, así teñen máis espacio e non temos que cambiarlles a auga.
Moitas gracias pola peixeira!!

martes, 22 de enero de 2008

XA É INVERNO



Este curso decidimos que, se os fenómenos atmosféricos non tiñan a ben agasaiarnos cunhas folerpas, íamos a ter nós que poñerlle remedio... ¡e este é o resultado!

martes, 15 de enero de 2008

ENTROIDO SORPRESA!!



Este ano o Entroido píllanos case cos regalos dos reis nas mans, de que nos vamos a disfrazar vai a ser unha sorpresa incluso para as mestras, mandaremos unha nota.
Cada día, os nenos en nenas deberán traer da casa un obxecto relacionado co disfraz que sairá ó final ¿Qué será?

martes, 8 de enero de 2008

Telegramas dos Reis Magos

TELEGRAMA DOS REIS MAGOS
Despedimos o Nadal abrindo os regalos que os reis magos nos deixaron na aula, un montón de libros sobre animais, letras, números.... Os Reis trouxéronlle a cada neno un telegrama onde os felicitaban polas cousas boas que fixeron durante o trimestre e os animaban a que sigan mellorando.