Como xa sabedes todos,hoxe foi o día do libro.Aprendemos nestes días que os contos teñen un autor;un ilustrador;pertencen a unha EDT (a nosa chámase Pirulos) e tamén poden estar dentro dunha colección (a nosa chámase "o meu 1º conto" ).Supoñemos que xa vos decatastes de que nos convertemos en escritores por un día e escribimos o noso primeiro libro.Fomos á vez escritores e ilustradores...agora só nos falta ser contadores de contos...¡¡mañá na biblioteca!!
VOZ NATURA (proxecto medio-ambiental que traballa no eido do coidado da natureza)
SEMINARIO PERMANENTE (5 mestras traballamos na nosa formación para mellorar a atención educativa aos nenos e nenas, a temática elexida este ano foi a lectoescritura e a arte)
Para saber algo mais...
O noso centro sitúase no concello de Portas, sita no interior da provincia de Pontevedra, preto de localidades como Caldas de Reis, Vilagarcía ou Pontevedra capital. Somos 45 nenos e nenas de educación infantil e tres mestras Maite, Rebeca e Mada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario