sábado, 22 de diciembre de 2007

Baltasar


Este foi o noso Baltasar de orixe galega 100 por cento!
con moito ánimo e bo tento
fixo que os caramelos
non nos soubesen a pemento

viernes, 21 de diciembre de 2007

Melchor

Que bonito ese estampado
de dálmata abrigado,
viña o noso Melchor abraiado
de tanto libros ter clasificado!

Gaspar


Este é o noso enrollado Gaspar
a quen a Xunta nunca lle ha pagar
todo o nos fai disfrutar
vendoo ó pimpon xogar.

Calendario de Adviento


Durante o mes de decembro o encargado/a de cada día tiña que buscar o bote co número do día que era e sacar o chocolate que había dentro, pareceume unha maneira motivadora para facer que se vaian fixando nos números; esta idea débolla a Cloti,
¿ Como farás Cloti para ter tantas ideas??

miércoles, 19 de diciembre de 2007

Postal de Nadal


Este ano, o Equipo de Normalización suxeríu facer unhas postais xigantes con cartulina para expoñer na entrada do centro.

Esta é a nosa de E.Infantil. DESEXAMOS BOAS FESTAS A TODOS!!

Os nosos pinos do Nadal

Este ano non houbo na miña clase nin belén nin árbore como soía haber sempre, non sei se foi polos días de baixa e a ponte pero o certo foi que o tempo escaseou bastante, pintamos algunhas pinas de verde e votámoslles talco e purpurina, esta idea de Maite fixo que tivesemos algo verde e decorado na aula.

Marioneta de follas de castiñeiro


Esta é outra perspectiva dos papanoeis da entrada anterior; a marioneta da esquerda está feita con follas de castiñeiro, débolla a miña nai, quen con paciencia e bo facer decidiu aportar algo para a aula durante o outono.
Graciñas mamá!!

As ventás do Nadal



Así kedaron as ventás das dúas clases de Infantil, cheas de papanoeis feitos con servilletas, sinxelos e moi bonitos; ó fondo vemos o traballo autónomo destes raparigos e raparigas que tanto me tolean a cabeza jejeje

martes, 18 de diciembre de 2007

Anxeliños de nostalxia

Estes anxeliños tan coloridos fixémolos con filtros de café, recórdanme á miña escola anterior, EEI Barrionovo, en Arteixo, onde aprendín moito, en todos os aspectos.
Un biquiño moi grande para Cloti e Feliciano, eles que tanto saben de reciclaxe,
de arte e artistas pequenos
de novas tecnoloxías e do bo trato coa xente.
Mada.

domingo, 16 de diciembre de 2007

Bolas de Nadal


Con este outono tan pouco chuvioso decidimos deixar o sol presente na nosa aula, téñenlle moito cariño xa que o fixeron con Maite cando tiñan tres anos. Un bico para Maite dende aquí!

As cartulinas son as nosas portadas para as fichas do trimestre, como vedes, desta volta son bolas da árbore de Nadal.

Seguridade nos xoguetes


Nestas datas podemos atopara no mercado moitas variedades de xoguetes, pero... ¿cal é o máis adecuado para o noso fillo/a?
Debemos ter en conta dous aspectos funadamentais:

Recomendacións pedagóxicas:

  • Ter en conta as necesidades e preferencias dos nenos/as.
  • Elexir un xoguete apropiado para a idade do neno/a.
  • Non hai xoguetes de nenos e xoguetes de nenas.
  • Comprar moitos xoguetes provoca desinterese e aburrimento.
  • O máis importante. Compartir os xoguetes cos nenos/as.

Normas de seguridade:

  • Certificado CE : debemos ter en conta que os xoguetes teñan este símbolo xa que é a garantía de que cumpre as esixencias esenciais de seguridade.
  • Nome, razón social e marca do producto.
  • Dirección do fabricante.
  • Potencia máxima, tensión de alimentación e consumo enerxético (para os xoguetes de funcionamento eléctrico).
  • Instruccións e advertencias de uso.


Máis información no RD 880/1990, de 29 de junio por el que se aprueban normas de seguridad en los juguetes. BOE de 12-07-90.


viernes, 14 de diciembre de 2007

O noso concello: PORTAS


Xunto con Silvia, a mestra de AL, estamos levando a cabo moitas actividades que axudan a mellorar a linguaxe, neste caso, coñecemos un pouco máis sobre o noso concello, aprendemos as parroquias, as aldeas nas que vive cada un, así como algúns lugares significativos, así sabemos tamén en que autobús imos e o lonxe ou cerca que viven de nós o resto de compañeiros e compañeiras; tamén nos veu moi ben para a lectoescritura...

martes, 4 de diciembre de 2007

Cambiamos o outono polo Nadal


Ben entrado decembro, é hora de cambiar o outono polo inverno, chega o Nadal!! poñerémonos mans á obra o dia 5.
Todo o traballo por diante... imos alá!

domingo, 25 de noviembre de 2007

Castañiñas do meu magosto

Coa chegada do outono celebramos o Samaín e o magosto, tamén invitamos aos nenos e nenas de tres anos, aos de primeiro, e as nais e pais a ver a nosa obra de teatro: Corre, corre, cabaciña.