viernes, 30 de enero de 2009

Pombas e baile no día da PAZ

Para celebrar o día da PAZ todo o alumnado de infantil fixo bailar as súas pombas ao son da música. Tras escoitar o manifesto que nos leron os rapaces da ESO fixemos un pequeno baile conxunto todo o colexio, ao comezo dábanos reparo bailar, pero logo collémoslle o truco a iso do baile... ;)

viernes, 23 de enero de 2009

Colgando letras

Estes días andamos dándolle voltas á cabeza coa lectoescritura, avanzamos moito dende que comezou o curso, agora xa imos sabendo como se escriben as palabras, cada día escribimos algunhas no encerado, incluso somos capaces de escribilas nós sós... seguiremos traballando e tamén divertíndonos coas letras, aquí vedes o noso xogo de pinzas e palabras.

viernes, 19 de diciembre de 2008

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!!



pedistesme facer unha árbore de Nadal para a aula, e así quedou, pintamos botellas de auga recortadas e decorámolas con neve e con gomets. UNHA APERTA MOI GRANDE PARA ESTES TOLIÑOS QUE TEÑO POR ALUMNOS E ALUMNAS! PASADE UNHAS BOAS VACACIÓNS! DEICA A VOLTA!!!
Así nos quedou o Belén este ano, é o froito do traballo de todo o centro xunto, cadaquén aportou o seu gran de area. En ocasións nos centros grandes e con tantos niveis, é complicado poñerse dacordo para facer algo en común motivador e útil para todos, pero este é un exemplo de que É posible traballar en conxunto.

Todo o Belén está feito con materiais de refugallo, o noso centro participa no Proxecto Voz Natura e de aí xurdeu a idea, é unha bonita maneira de non fomentar o consumismo senón a reutilización de materiais, aprendendo dende pequeniños a coidar un pouquiño do planeta.

En infantil fixemos os reis magos, os paxes e os camelos, tamén acudimos ás inmediacións do colexio para recoller folliñas e ramas secas para a decoración, agradecer a colaboración do alumnado da ESO que nos acompañou na nosa saída e nos guiou á hora de colocar pedriñas, area, etc...
Dende aquí douvos as grazas a todos os que participastes nesta actividade, a mestres, familias e por suposto a nenos e nenas, espero que para o vindeiro ano vos animedes a repetir e mo contedes todiño.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

bonecos papá noel

Estas botiñas de papanoeis fixémolas para que teñamos moitos regaliños na aula ao voltar de vacacións... a ver que nos atopamos á volta... jeje

viernes, 12 de diciembre de 2008

O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe os alumnos de educación para a cidadanía faláronnos a todo educación infantil sobre os dereitos que temos, contáronnos como temos dereito a ir á ESCOLA, a acudir ao MÉDICO, como temos dereito a SER RESPETADOS polo que somos.... estivemos moi atentos e agradecemos, cun aplauso que nos viñeran a falar dos nosos dereitos. moitas grazas mozos!

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Estas son as postais de Nadal que fixemos os nenos e nenas da clase de 3-4 anos,en colaboración cos nosos pais/nais/irmáns/avós... para o concurso de postais proposto polo Equipo de Normalización Ling:uística.A que quedaron bonitas?