jueves, 19 de febrero de 2009

PELIQUEIRO



Chegaron os peliqueiros a Portas!Este ano cambiamos as caroutas tradicionais e os antefaces por este peliqueiro xigante...É TAN GRANDE COMA NÓS! Fixémolo entre as tres aulas,e este é o resultado,gústavos?a nós sí.









MURAL DO INVERNO
Este é o noso mural do inverno.Pingas e mais pingas de auga caen sen parar,día si, e día tamén...e con elas fórmanse charcos nos que chapotear sen que nos vexan as profes!!! ;-)

martes, 3 de febrero de 2009

NO INVERNO CHOVE

Estas profes de infantil sempre andan a argallar cousas, desta vez ocorréuselles decorar as ventás das a aulas con cotinas de papel pinocho, aquí tendes un exempliño... é por aquilo da importancia de crear un clima acolledor e motivante para os nenos e nenas de infantil. A ver se así todos estamos máis ledos estes días tan chuviosos...